CRONOLOXÍA DOS FEITOS HISTÓRICOS MÁIS RELEVANTES DA QUÍMICA MODERNA

     
   

A nivel galego

 

 


 

 

A nivel mundial

     
   


 

   

1766

   

Henry Cavendish xera hidróxeno ("ar inflamable") ó tratar algúns metais con ácidos fortes.

     
       

1774

   

Joseph Priestley obtén osíxeno libre ó quentar HgO. Previamente Carl Wilhelm Scheele xa o obtivera en 1771-72, aínda que non publicaría os seus resultados ata 1777.

     
   

Antoine Lavoisier

   

1777

   

Os experimentos de Antoine Lavoisier determinan o derrube da teoría do floxisto.

     
   

O profesor Francisco Neira convence ó Claustro da USC da importancia e da necesidade do ensino das novas ciencias experimentais (física, química, botánica, etc.) para acadar unha mellor instrucción dos médicos.

   

1787

           
   


 

   

1789

   

Antoine Lavoisier, despois de postular a lei de conservación da materia, publica o "Traité elémentaire de chimie", onde presenta a base da nomenclatura química moderna.

     
   


 

   

1803

   

John Dalton propón a lei da composición constante (ou das proporcións definidas) para as substancias químicas.

     
   

Créase o primeiro gabinete de Química na USC, impulsado polo Dr. Vega.

   

1805

           
   



 

 

 

 

 

 

 

   

1808

   

Dalton introduce a teoría atómica para explicar as reaccións químicas. Pola súa banda, Humphry Davy obtén varios elementos (K, Na, Ba, Sr, Ca, Mg) por electrólise.

     
       

1828

   

Friedrich Wöhler sintetiza o primeiro composto orgánico natural no laboratorio, a urea.

     
   

Michael Faraday

Créase a Facultade de Ciencias da USC e dótase a cátedra de Química, que será ocupada por Antonio Casares.

   

1845

   

Michael Faraday descubre que un campo magnético intenso pode rotar o plano da luz polarizada, cualidade que será usada para determinar a estructura molecular de múltiples substancias.

     
   

A investigación detallada de Antonio Casares nas análises de augas leváronno ó uso das técnicas espectroscópicas con este fin, sendo o primeiro en detectar Ru e Cs nas augas minero-medicinais españolas.

   

1866

   

 

     
   

As tendencias centralizadoras suprimen por decreto as Facultades de Ciencias e Letras de todo o estado español, agás Madrid, cercenando o desenvolvemento científico e cultural galego.

   

1867

           
   


 

   

1871

   

Dimitri Ivanovich Mendeléiev propón a súa táboa periódica dos elementos.

     
   

O químico monfortino Antonio Casares Rodríguez é elixido rector da USC.

   

1872

   

 

     
   

 

   

1887

   


Svante A. Arrhenius propón a teoría de disociación iónica.

     
   

   

1888

   


Henri Le Chatelier estudia os efectos da temperatura e da presión no equilibrio

     
   

Antoine-Henri Becquerel

 


   

1896

   


Antoine-Henri Becquerel descobre a radioactividade.

     
       

1897

   


Felix Hoffman desenvolve coa Bayer o ácido acetilsalicílico puro, máis coñecido por aspirina, o primeiro medicamento comercial feito a gran escala.

     
       

1901

   


Jacobus Henricus van't Hoff recibe o primeiro premio Nobel en Química polo descubrimento das leis da dinámica química e a presión osmótica nas disolucións.

     
   

 

   

1903

   


Svante A. Arrhenius é recoñecido co premio Nobel pola súa teoría da disociación electrolítica

     
   

190? O químico santiagués José Rodríguez Carracido publica o seu "Tratado de Química Biológica", primeiro libro en España sobre esta materia, con varias edicións posteriores.

   

1907

   


 

     
   

 

         

 

     
   

 

   

1909

   

Ernest Rutherford obtén o premio Nobel polas súas pesquisas na desintegración dos elementos e a química de substancias radioactivas.

     
   

Marie Curie

   

1911

   


Marie Curie é premiada co premio Nobel polo descubrimento dos elementos de radio e polonio.

     
   

Reinstáuranse os estudios completos de Química na USC coa creación da nova Facultade de Ciencias

   

1922

   

     
   

         
       

1931

   


Linus Carl Pauling comeza coa publicación da serie de artigos "A Natureza do Enlace Químico"

     
   

Linus Carl Pauling

   

1932

   


Irving Langmuir recibe o premio Nobel polos seus descubrimentos e investigacións na química de superficies.

     
   

Créase o Laboratorio de Xeoquímica da universidade de Galicia por acordo entre o Seminario de Estudos Galegos e o Instituto de Estudios Regionales de la Universidad Española.

   

1933

   

 

     
   

 

   

1934

   


Harold C. Urey obtén o premio Nobel polo seu descubrimento do hidróxeno pesado.

     
   

 

   

1935

   


Frederic Joliot e Irene (Joliot) Curie reciben o premio Nobel pola súa síntese de novos elementos radioactivos.

     
   

O alzamento militar anticonstitucional vai truncar tanto o desenvolvemento da química no estado español durante lustros como a carreira científica dun grupo de científicos galegos sobranceiros:  Isidro Parga Pondal, Luís Iglesias, Ignacio Ribas son algúns dos represaliados políticos da dictadura fascista.

   

1936

   


Peter J.W. Debye é recoñecido co premio Nobel polas súas contribucións ó noso coñecemento da estructura molecular a través da súa investigación sobre os momentos dipolares e sobre a difracción de raios X e electróns en gases.

     
   

 

         

 

     
   

O grupo da USC do profesor Tomás Batuecas determina con exactitude as masas atómicas de Al, Mg, Si, Na, K, As e Pb. Posteriormente tamén obterían as de K, As e Tl.

   

1950

   

 

     
   

 

   

1951

   


Edwin M. McMillan e Glenn T. Seaborg reciben o premio Nobel polos seus descubrementos na química dos elementos transuránidos.

     
   

 

   
   

 

     
   

 

   

1953

   


Stanley L. Miller e Harold C. Urey sintetizan aminoácidos a partir dunha mestura de gases que mimetiza a atmosfera prebiótica da Terra.

     
   

   

1954

   


Concédeselle  o premio Nobel a Linus Carl Pauling polas súas pesquisas na natureza do enlace químico e a súa aplicación para comprender a estructura de substancias complexas.

     
   

Melvin Calvin

   

1955

   


Melvin Calvin anuncia que se determinou o ciclo completo da fotosíntese.

     
   

 

         

 

     
       

1958

   


Frederick Sanger obtén o premio Nobel polo seu traballo na estructura de proteínas, especialmente a da insulina.

     
   

 

                 
       

1960

   


Willard F. Libby recibe o premio Nobel polo seu método do uso de carbono 14 para determinar a idade en arqueoloxía, xeoloxía, xeofísica e outros campos da ciencia.

     
   
     
   

A IUPAC establece unha escala de masas atómicas tomando como base o isótopo do carbono 12, decisión na que xogou un papel sobranceiro o profesor da USC Tomás Batuecas, daquela o presidente da Comisión internacional de pesos atómicos.

   

1961

   


Melvin Calvin é recoñecido co premio Nobel pola súa investigación na asimilación do dióxido de carbono nas plantas.

     
   

Comeza a publicarse a "Acta Científica Compostelana", revista trimestral que recolle moitos traballos de Química galegos e que se mantén ata 1986.

   

1964

   


 

     
   

   

1968

   


Lars Onsager gaña o premio Nobel polo descubrimento das relacións recíprocas que levan o seu nome, e que son fundamentais para a termodinámica de procesos irreversibeis.

     
   

Paul Berg

 

O profesor da USC Ignacio Ribas Marqués gaña o Premio de Ciencias do CSIC polos seus estudios nos que sobresae a determiación  da composición do cortizo.

   

1972

   


Paul Berg fai o seu primeiro experimento exitoso co  ADN recombinante.

     
   

 

   

1980

   


Paul Berg recibe o premio Nobel polos seus estudios na bioquímica dos ácidos nucleicos, en particular referido ó ADN recombinante. Tamén son premiados Walter Gilbert e Frederick Sanger polas súas contribucións á determinación de secuencias de bases nos ácidos nucleicos.

     
   

 

   
   
   

 

         
       

1985

   


O burato de ozono é observado por  vez primeira sobre a Antártida. 

     
   

A Asociación dos Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA) comeza coa publicación do "Boletín das Ciencias"

   

1988

           
   

 

 

 

 

 

 

 

 

Elias James Corey

   

1990

   


Elias James Corey é laureado co premio Nobel polo desenvolvemento da teoría e metodoloxía de sínteses orgánicas.

     
             

 

     
                     
   

 

   

1995

   


Paul Crutzen, Mario Molina e F. Sherwood Rowland gañan o premio Nobel polo seu traballo en química atmosférica, en particular polo seu estudio de formación e descomposición do ozono.

     
       

1996

   


O avance nas ferramentas analíticas e na habelencia para controlar materiais a escala atómica ou molecular levan ó novo campo da nanotecnoloxía.

     
   

 

         
   

 

   

1999

   


Ahmed H. Zewail é recoñecido co premio Nobel polos seus estudios dos estados de transición das reaccións químicas usando espectroscopia de femtosegundo.